Fene convida á veciñanza a conmemorar o aniversario da Constitución española
05-12-2019
O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, presidirá este venres, 6 de decembro, o acto institucional de conmemoración do aniversario da Constitución española no municipio. Un acto que terá lugar a partires das 12 horas no salón de plenos da casa consistorial. Nesta liña, o Concello quere convidar a veciños e veciñas a sumarse á celebración do aniversario da Carta Magna acompañando á corporación no acto.
O acto contará con actuación musical e as intervencións institucionais e, ao remate, veciñas e veciños poderán compartir un viño no consistorio.