Proceso de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías de formación

Proceso de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral ou de vías de formación

As persoas interesadas que precisen información ou orientación poden contactar co Servizo de Orientación Laboral do Concello

O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene informa sobre as novas convocatorias abertas no proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral (DOG 27/11/2019).


A Xunta de Galicia a través da Consellería de Economía, Emprego e Industria abriu a convocatoria de recoñecemento das competencias profesionais adquiridas a través de experiencia laboral ou formación non formal, en determinadas unidades de competencia do Catálogo nacional de cualificacións profesionais.


Deste xeito convócanse prazas en unidades de competencias dirixidas a aqueles traballadores e traballadoras con experiencia laboral ou formación non formal nas seguintes cualificacións profesionais:
• Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: 300 prazas.
• Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: 250 prazas.
• Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 200 prazas.
• Socorrismo en instalacións acuáticas: 200 prazas.
• Docencia de formación persoal para o emprego: 100 prazas.
• Extinción de incendios e salvamento: 150 prazas.
• Operacións de vixilancia e extinción de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural: 150 prazas.
• Confección e mantemento de artes e aparellos: 75 prazas.
• Vixilancia e seguridade privada: 150 prazas.
• Instrución en ioga: 150 prazas.
• Servizos para o control de pragas: 75 prazas.


REQUISITOS:
• Nacionalidade española, residente comunitario ou familiar deste ou ser titular dunha autorización de residencia en España en vigor
• Ter 18 anos cumpridos no momento de realizar a inscrición, para o caso de unidades de competencia profesional de nivel 1 e 20 anos cumpridos para os niveis 2 e 3.
• Non estar matriculado nun curso de formación profesional inicial nin estar realizando curso de formación profesional para o emprego, conducente á acreditación das unidades de competencia que solicita.
• Ter experiencia laboral e/ou formación non formal relacionada coas competencias profesionais que se queren acreditar.
-Experiencia laboral: xustificar polo menos 3 anos, cun mínimo de 2000 horas traballadas en total nos últimos 10 anos.
-Formación non formal: xustificar polo menos 300 horas nos últimos 10 anos.

PRAZO: Prazo de inscrición: ata o 30 de decembro de 2019 (inclusive).
As persoas interesadas que precisen información ou orientación poden contactar co servizo de orientación no teléfono 981 492 767 ou a través da caixa de correo: orientacion.laboral@fene.gal

Ligazóns