O Concello conclúe as obras de mellora da rede de saneamento na rúa paralela a San Estevo tras un investimento de 48.000 euros

O Concello conclúe as obras de mellora da rede de saneamento na rúa paralela a San Estevo tras un investimento de 48.000 euros

A intervención executouse con cargo ao superávit municipal

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de mellora da rede de saneamento na rúa paralela a San Estevo, en Perlío, tras un investimento de 47.809,47 euros con cargo ao superávit municipal.


O obxectivo da actuación era poñer fin aos verquidos de augas fecais ao río Cádavo detectados por Augas de Galicia. Unha situación que levou ao Concello a analizar o estado da rede xunto a Viaqua, empresa concesionaria dos servizos de subministro de auga potable e saneamento de augas residuais. Nesas inspeccións, constatouse o mal estado xeral do colector de evacuación de augas residuais, así como a existencia de varios aliviadoiros da rede de moi reducida cota de saída con vertedura directa ao río.


Para poñer remedio, as obras contemplaron a reconstrucción do colector de saneamento e a reposición dos firmes de calzada e pavimentos de beirarrúas afectados pola apertura das gabias, así como traballos de sinalización.