O Concello de Fene habilitará o parque infantil nas inmediacións da casa consistorial que a oposición bloqueou no ano 2015

O Concello de Fene habilitará o parque infantil nas inmediacións da casa consistorial que a oposición bloqueou no ano 2015

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, explica que a intervención está adxudicada e financiarase con cargo ao superávit municipal

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá de que o Concello habilitará nas inmediacións da casa consistorial o Parque da Infancia. Unha superficie para o xogo dos máis pequenos e pequenas da casa. Será tras un investimento de 39.000 euros máis IVE que o Concello financiará con cargo ao superávit municipal. A intervención vén de adxudicarse.


O goberno municipal xa planteara en 2015 executar este proxecto, pero a negativa dos grupos da oposición imposibilitou a iniciativa que agora ve a luz. A zona de actuación ocupará uns 228 metros cadrados, dos que 162 se adicarán exclusivamente ao xogo infantil e os restantes, a zona verde.


O parque, que irá delimitado por un peche perimetral de madeira, contará con chan de caucho e dous xogos multifunción e un balancín. Os primeiros constarán de dúas torres con tellado e unha ponte de unión, así como unha terceira torre, taboleiros para trepar, corda, ponte oscilante e un tobogán. A intervención completarase coa instalación dun panel informativo.


Unha nova infraestrutura para o uso e desfrute dos máis pequenos e pequenas da casa en pleno centro do municipio.