O Concello de Fene aproba en pleno os investimentos do POS+2020

O Concello de Fene aproba en pleno os investimentos do POS+2020

Destinaranse 972.916,84 euros á pavimentación e mellora de servizos na rúa Alcalde Gerardo Díaz, pavimentación e saneamento no lugar de Cornide, pavimentación da rúa Muíños e Doutor Francisco Malvar, reurbanización de espazos públicos e creación dunha áre

O alcalde, Gumersindo Galego, informou esta mañá da aprobación en pleno das propostas de investimento con cargo ao POS+2020. Propostas que saíron adiante cos votos do grupo de goberno e a abstención das restantes formacións políticas. Así, o Concello reservará unha partida de 232.412,90 euros para a pavimentación e mellora de servizos na rúa Alcalde Gerardo Díaz, entre o camiño do Inferniño e a rúa da Travesa. Executará tamén obras de pavimentación e saneamento no lugar de Cornide por valor de 105.044,56 euros e levará a cabo a substitución das carpinterías exteriores e máis a remodelación dos baños na casa consistorial
cun investimento de 243.676,83 euros.


Continuando cos investimentos, o Concello adicará unha partida de 131.263,03 euros á pavimentación da rúa Muíños e Doutor Francisco Malvar, namentras que destinará outros 199.794,11 euros á reurbanización das Torres I, II e III no barrio de San Valentín. Barrio no que tamén se investirán outros 60.725,41 euros para afrontar a primeira fase da intervención de creación dunha nova área recreativa.


Por último, a proposta aprobada esta mañá contempla destinar unha parte
dos fondos provinciais, en concreto 54.813,55 euros, ao pago de proveedores.