O alcalde de Fene emitiu un Bando Municipal de Urxencia no que se anuncia o peche ao público de pavillóns, pistas deportivas municipais, piscina e cemiterio
Suspendidas todas as actividades culturais e deportivas dependentes do Concello de Fene durante o período de alerta vermella
20-12-2019
Perante as condicións meteorolóxicas adversas (alerta vermella por fenómenos costeiros e vento) previstas para esta fin de semana, o alcalde de Fene, Gumersindo Galego, vén de publicar un Bando Municipal de Urxencia no que se anuncia a suspensión de "todas as actividades culturais e deportivas dependentes do Concello durante o período de alerta vermella (sábado dende as 14.00 horas)". Tamén se informa do "peche do Cemiterio Municipal durante a tarde do día 21 de decembro do 2019" e do peche ao público de pavillóns deportivos, pistas deportivas e pía municipal a partir das 14.00 horas do sábado.