O Concello conclúe a reforma integral do parque e pista deportiva de Fonte do Campo, que conta xa cunha gran tirolina para nen@s de 4 a 14 anos

O Concello conclúe a reforma integral do parque e pista deportiva de Fonte do Campo, que conta xa cunha gran tirolina para nen@s de 4 a 14 anos

O alcalde, Gumersindo Galego, apunta que as obras contaron cun investimento superior aos 48.000 euros, con cargo ao superávit

O alcalde de Fene, Gumersindo Galego, informou esta mañá do remate das obras de remodelación do parque infantil e pista deportiva do entorno de Fonte do Campo. Unha ambiciosa intervención que supuxo a transformación da zona tras un investimento de 48.037 euros con cargo ao superávit municipal.


Nesta liña, Gumersindo Galego explicou que a zona conta agora cunha gran tirolina cun percorrido de 20 metros, pensada para nenos e nenas de entre 4 e 14 anos. Ademais, procedeuse á retirada dos elementos de xogo existentes e instaláronse novos elementos, así como un panel informativo de usos e teléfonos en caso de emerxencia. Ademais, construiuse un novo sendeiro de acceso de entrada á zona con pavimento de terrizo e delimitado por un bordillo de madeira.


En canto á pista deportiva, o alcalde sinalou que se reparou o peche perimetral existente mediante o retensado da malla e o pintado dos postes metálicos, e substituiuse un tramo de malla moi deteriorado. Tamén se levou a cabo o pintado do marcaxe das liñas de xogo correspondentes a fútbol sala, balonmán e baloncesto; instaláronse canastas novas de básket e colocáronse dúas marquesinas de madeira no marxe perimetral da pista, a modo de banquillos, con banco adosado. A intervención completouse coa colocación de tres bancos de madeira.