Peche das instalacións deportivas municipais descubertas e cancelación dos adestramentos ao aire libre
Aemet e Meteogalicia anuncia para este informan para este xoves dun fenómeno adverso de nivel laranxa por ventos que poden chegar aos 100 km/h
16-01-2020
A Axencia Estatal de Meteoroloxía e o 112 Emerxencias Galicia informan para esta xornada dun fenómeno adverso de nivel laranxa por ventos, que serán moi fortes na maior parte da provincia da Coruña, onde se agardan refachos que poderán acadar os 100 km/h.
Perante esta situación, o Concello de Fene anuncia para o xoves 16 de xaneiro o peche das instalacións deportivas descubertas municipais durante a tarde de hoxe por mor da alerta laranxa por "ventos en terra" que afecta ao termo municipal. A medida implica a cancelación dos posibles adestramentos previstos nestas instalacións namentres continúe activa a alerta meteorolóxica.