O Concello de Fene habilita unha canle de Youtube onde se subirán as gravacións dos Plenos
03-03-2020
O Concello de Fene conta dende o pasado mes de febreiro cun sistema de gravación das sesións plenarias e, dende comezos deste mes, cunha canle de Youtube onde se poderán reproducir os vídeos. A nova canle, aínda en probas, permite visualizar xa algunhas das últimas sesións
A implantación deste novo sistema é froito do acordo adoptado polo Pleno da Corporación de Fene na sesión do pasado 5 de decembro de 2019 e permite un acceso máis directo e áxil do contido deste órgano á cidadanía. Asimesmo, permite axilizar a confección das actas municipais e mellora o grao de transparencia da administración local.