Manifestación Navantia Fene
As rúas de Fene permanecerán pechadas ao tráfico durante o percorrido da manifestación
04-03-2020
Dará comezo ás 10.30 h e terá unha duración de 2 h aproximadamente
O comité de empresa de Navantia Fene convoca manifestación para o día 5 marzo de 2020 con saída do estaleiro de Fene, pola porta do dique, facendo percorrido polo Concello de Fene.
O percorrido comezará ás 10.30 h na porta do dique do estaleiro Navantia Fene e incorporaránse á estrada do Pereirao (dirección Marqués de Figueroa), continuará pola Rúa Xunqueira, Avenida Marqués de Figueroa, Rúa da Fraga e Avenida do Concello onde se concetrarán diante do Concello. Continuará pola Avenida Naturais e no cruce de Fene onde as persoas manifestantes volverán a concentrarse. Ao rematar a manifestación continuará pola Avenida das Pías ata as portas do estaleiro.