Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada pololCOVID-19.
15-03-2020
Movementos limitados co obxectivo de frear o espallamento do coronavirus
As medidas do real decreto son as imprescindibles para facer frente á situación, resultan proporcionadas á extrema gravidade da mesma e non supoñen a suspensión de ningún dereito fundamental.
A declaración de estado de alarma implica a restrición xeral de movementos agás para adquirir bens de primeira necesidade, acudir ao traballo ou asistir a maiores, menores e persoas en situación de dependencia.
Interior poderá "acordar o peche á circulación de estradas ou tramos delas" por "razóns de saúde pública, seguridade ou fluidez"
O Ministerio de Sanidade poderá desprazar persoal público entre autonomías e intervir a sanidade privada e a industria farmacéutica
O Real Decreto de alarma fixa tamén medidas encamiñadas a "garantir o subministro alimentario"