Bando alcaldía suspensión prazos

Bando alcaldía suspensión prazos

Ponse en coñecemento da cidadanía que en virtude da Disposición Adicional Terceira do Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 quedan suspendidos os termos e se interrumpen os prazos para a tramitación dos procedementos do Concello de Fene, reanudándose no momento en que perda vixencia o dito real decreto ou, no seu caso, as súas prórrogas.

En base ao que antecede informo que o prazo de presentación de instancias do proceso selectivo para a creación dunha lista de aspirantes a funcionario/a interino/a e persoal laboral temporal de prazas de peón, mediante o sistema de concurso de méritos convocado por Resolución da alcaldía 226/2020 e rectificado por Resolución da alcaldía 229/2020, conforme foi anunciado no BOP da Coruña os días 12 e 13 de marzo de 2020, que remataba o vindeiro 18 de marzo, ATÓPASE SUSPENDIDO DENDE O MOMENTO DA ENTRADA EN VIGOR DO RD 463/2020.

As instancias que se presenten durante o período de suspensión non serán tidas en conta, sendo admitidas as presentadas ata o 14 de marzo inclusive e as que se presenten unha vez reanudado o prazo conforme á normativa anteriormente citada.

Descargas
Ligazóns