O Concello de Fene ao teu servizo

O Concello de Fene ao teu servizo

O Concello de Fene lembra que, durante o tempo que dure o estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, permanece pechada a atención presencial nas oficinas municipais, agás aqueles servizos que son considerados esenciais. Neste período, a comunicación co Concello debe realizarse de forma telemática a través da Sede electrónica municipal ou vía telefónica, a través dos teléfonos da Casa do Concello (981 492 707), Policía Local (981 492 777), Protección Civil (663 379 073) e Servizos Sociais (981 492 706).

A atención nestes servizos considerados esenciais farase unicamente a través do teléfono e de xeito telemático. No caso de non dispoñer de medios telemáticos –e únicamente para supostos de urxencia- o Concello atenderá á veciñanza presencialmente en horario de 9.00 a 14.00 horas, previa petición de cita telefónica.

Para presentar documentación por rexistro utilizarase o Rexistro Telemático, accesible dende a Sede electrónica do Concello de Fene.

Por último, o Concello de Fene lembra que os servizos administrativos municipais están a funcionar a porta pechada de 9 a 14 horas, dun modo moi reducido, equivalente a uns servizos mínimos, que abranguen aos departamentos de: Conserxería Municipal, Estatística (Padrón Municipal de Habitantes), Rexistro de Entrada Municipal e Portelo Único, Secretaría Xeral, Rexistro de facturas telemático (Intervención), Pago a provedores (Tesourería), Departamento de Obras e Servizos e Cemiterios.

Ligazóns