Continúan as desinfeccións nas rúas e nos edificios públicos

Continúan as desinfeccións nas rúas e nos edificios públicos

O coronavirus ten unha alta capacidade de transmisión e pode vivir en superficies como o cartón ata 24 horas e ata 3 días no plástico e en metais

A limpeza e a desinfección das rúas e dos accesos a edificios frecuentados por moitos dos nosos veciños e veciñas, estase a converter para a Concellería de Obras e Servizos nunha medida diaria de prevención e loita contra o covid-19. En colaboración con membros de protección civil,  realízanse diariamente tarefas de desinfección nas oitos parroquias do noso concello.

O servizo de limpeza e recollida de lixo traballa a pleno rendemento. Sendo de gran importancia que a veciñanza de Fene cumpra coas recomendacións de xestión de residuos publicadas recentemente e extreme as medidas hixiénicas para previr contaxios do covid-19.

O servizo de recollida de voluminosos, realizarase esta semana, no obstante nas vindeiras semanas cancélase debido a que a planta de recollida pechou por mor das novas restricións .

Finalmente a Concellería quere agradecer a cidadanía de Fene a súa colaboración, e recordar a importancia de limitar as saídas á rúa e extremar as medidas hixiénicas  . 

 

Ligazóns