O Concello de Fene mantén a súa actividade administrativa có teletraballo

O Concello de Fene mantén a súa actividade administrativa có teletraballo

O Concello de Fene facilitou aos traballadores e traballadoras municipais accesos os que lles permite acceder en liña ás súas aplicacións informáticas como un día normal.

A día de hoxe acceden en liña ás súas aplicacións informáticas os mesmos traballadores/as que o farían de forma presencial, nun día normal. O 100% do cadro de persoal ten acceso externo e conéctanse có xestor de expedientes e outros 40 usuarios /as dispoñen de acceso remoto completo aos seus computadores

As liñas telefónicas tamén seguén activas, xa que o cadro de persoal que está a traballar dende a casa dispón da liña de teléfono do concello.

Dende a declaración do estado de alarma o pasado 14 de marzo asináronse 64 resolucións, houbo 181 entradas por rexistro de entrada, 178 saídas e aprobáronse 171 pagos a empresas e proveedores.

O Concello de Fene lembra que, durante o tempo que dure o estado de alarma declarado polo Goberno do Estado, a comunicación co Concello debe realizarse de forma telemática a través da Sede electrónica municipal ou vía telefónica, a través dos teléfonos da Casa do Concello (981 492 707), Policía Local (981 492 777), Protección Civil (663 379 073) e Servizos Sociais (981 492 706).

Para aquelas persoas que teñan dúbidas de como tramitar a través da sede, achegamos a esta nova videoguias de como presentar en sede electrónica un volante de empadroamente o unha solicitude xeral.  Poñemos de novo a a disposición da cidadanía o enlace ao soporte técnico. Poden tamén contactar a través da conta de correo catic@fene.gal ou no teléfono 607616056.

Ligazóns