O alcalde de Fene, Juventino Trigo, reuniu por videoconferencia a Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19

O alcalde de Fene, Juventino Trigo, reuniu por videoconferencia a Comisión Municipal de seguimento da evolución do COVID-19

A Comisión composta polo alcalde, os voceiros/as municipais, o reposponsable da Policía Local, a responsable  dos Servizos de Emerxencia e Protección Civil e a Secretaria municipal  reuniuse por videoconferencia para evaluar a xestión desde os distintos departamentos e como están a funcionar todos os servizos.

O alcalde deu conta entre outros do reparto de EPIS nos distintos servizos, da situación sanitaria no concello e das medidas económico e sociais adoptadas.

O alcalde informou da continuidade de actividade no Concello, xa a pesar de estar pechadas as oficinas, o concello segue activo.

A comunicación co Concello debe realizarse de forma telemática a través da sede electrónica municipal ou vía telefónica a través dos teléfonos de:

- Casa do Concello (981 492 707)
- Policía Local (981 492 777)
- Protección Civil (663 379 073)
- Servizos Sociais (981 492 706)