O Concello de Fene publica a convocatoria dunha comisión de servizos para o posto técnico/a de xestión financeira e recadación

O Concello de Fene publica a convocatoria dunha comisión de servizos para o posto técnico/a de xestión financeira e recadación

Publicada no BOP do 17 de abril a convocatoria relativa á comisión de servizos dun posto de técnico/a de xestión financeira e recadación. As persoas interesadas teñen 10 días a contar dende a publicación deste anuncio no BOP para presentar a solicitude.

Requisitos:

· Ter a condición de funcionario/a de carreira en activo dun Concello da Comunidade Autónoma de Galicia, pertencente ao grupo: A, subgrupo: A2, escala: administración xeral/especial; subescala: de xestión/técnica; e posuír algunha das seguintes titulacións: Diplomatura, Grao universitario en Administración e Dirección de Empresas, Economía ou equivalente.

· Contar co informe previo favorable do Concello de procedencia.

-Prazo de presentación: 10 días naturais dende a publicación do anuncio no BOP da Coruña.

-Documentación a presentar: instancia, conforme ao modelo do anexo I, acompañada de:

Copia do documento nacional de identidade, ou pasaporte.

Currículum vitae onde se indiquen os méritos alegados (experiencia).

Certificación que acredite a condición de funcionario/a de carreira en activo, pertencente ao subgrupo A2, escala: administración xeral/especial; subescala: de xestión/técnica; dun Concello da Comunidade Autónoma de Galicia.

Certificación acreditativa da experiencia profesional alegada e informe de vida laboral.

Copia do documento acreditativo de estar en posesión da titulación de Diplomatura, Grao universitario en Administración e Dirección de Empresas, Economía ou equivalente.

Informe favorable da Administración pública de procedencia.

Descargas
Ligazóns