A poboación infantíl poderá saír á rúa dende o domingo 26 de abril
25-04-2020
O que debedes saber é o seguinte:
-A autorización para saír limítase ao horario comprendido entre as 9.00 e as 21.00h. Os paseos duraran 1 hora como máximo .
-A cativería deberá ir acompañada dunha persoa adulta: nai, pai, titor/a, acolledor/a, ou calquera outra persoa responsable que, nese caso, deberá levar autorización.
-Máximo 3 menores con cada adulto.
-Máximo nun radio de 1 Km. ao redor do domicilio do menor: rúas, espazos públicos, áreas naturais, praias, zonas verdes...
-Importante: Non está permitido o acceso aos parques infantís nin as instalacions deportivas.
-O grupo de nenas/os e persoa adulta deberá gardar unha distancia de alomenos 2 metros con respecto a outras persoas e adoptar todas as medidas de prevención e hixiene indicadas polas autoridades sanitarias.
ESTA MEDIDA NON É DE APLICACIÓN NO CASO DE QUE OS NENOS E NENAS PRESENTEN SÍNTOMAS OU ESTEAN EN ILLAMENTO DOMICILIARIO DEBIDO A UN DIAGNÓSTICO POR COVID-19, OU QUE ESTEAN CUMPRINDO CORENTENA DOMICILIARIA POR TEREN MANTIDO CONTACTO CON ALGUNHA PERSOA CON SÍNTOMAS OU DIAGNOSTICADA DA ENFERMIDADE.