O Concello solicitou á Vicepresidencia da Xunta de Galicia unha comunicación oficial sobre como se aplicará no noso concello o levantamento das franxas horarias
08-05-2020
NOTA ACTUALIZADA ÁS 21.20 H do 8/05/2020. Ver aquí
O Concello contactou a primeira hora da mañá coa Vicepresidencia da Xunta de Galicia para que nos trasladen unha comunicación oficial sobre como se aplicará no noso concello o levantamento das franxas horarias, pero ata o momento a Xunta de Galicia non comunicou oficialmente a eliminación das restriccións horarias nos núcleos con menos de 5000 habitantes.
Tan pronto se reciba oficialmente algunha notificación informaremos a través dos medios de comunicación municipais. Pedímoslle a cidadanía de Fene paciencia e responsabilidade.