Mañá 11 de maio entramos na Fase 1 da descalada
10-05-2020
O Concello de Fene informa que este sábado, 9 de maio de 2020, publicouse no Boletín Oficial do Estado a Orde SND/399/2020, para a flexibilización de determinadas restricións de ámbito nacional, establecidas tras a declaración do estado de alarma, en aplicación da fase 1 do Plan para a transición cara a unha nova normalidade. Cómpre lembrar que o concello de Fene, ao igual que o resto de concellos galegos, entre este luns, 11 de maio de 2020, na fase 1, polo que se establecen novas condicións no proceso de desescalada. O avance cara a nova normalidade vai depender de como nos comportemos -distancia social, hixiene, etc.- e da capacidade que teñamos en conxunto para evitar repuntes da COVID-19 polo que dende o Concello apélase á responsabilidade dos veciños e veciñas no cumprimento das normas.
Achegamos guía da Fase 1 elaborada polo Ministerio de Sanidade, nela podemos consultar as novas condicións que temos que ter en conta a partir deste luns 11 de maio.
Por outra banda, este domingo, 10 de maio de 2020, publicouse unha nova Orde pola que se establecen as condicións a aplicar na fase 1 da desescalada, en materia de mobilidade, e se fixan outros requisitos para garantir unha mobilidade segura. Para máis información sobre este asunto pódese consultar a Orde en materia de mobilidade e nos enlaces achegados