As escolas infantís de Fene abren o prazo de matrícula
15-05-2020
Imaxe da exposición "Pequenas crianzas coa arte", do alumnado da Escola Infantil A Galiña Azul do municipio
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou hoxe a resolución que rexe o procedemento para a solicitude e adxudicación destas prazas.
As solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso coa documentación requirida presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
O prazo para a presentación das solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Máis información nas escolas infantís:
Fene
Lugar da Torre, s/n, Perlío, 15550 Fene (A Coruña)
981 344 573
Horario: 07.30-18.00
Fene-Barallobre
Lugar do Carril, Barallobre, 15528, Fene (A Coruña)
981 360 180
Horario: 07.30-18.00