O luns 25 de maio, Fene pasa á Fase 2 do proceso de desconfinamento
24-05-2020
O concello de Fene, ao igual que o resto de concellos galegos, entre este luns, 25 de maio de 2020, na fase 2, polo que se establecen novas condicións no proceso de desescalada. O avance cara a nova normalidade vai depender de como nos comportemos -distancia social, hixiene, etc.- e da capacidade que teñamos en conxunto para evitar repuntes da COVID-19 polo que dende o Concello apélase á responsabilidade dos veciños e veciñas no cumprimento das normas.
Achegamos guía da Fase 2 elaborada polo Ministerio de Sanidade, nela podemos consultar as novas condicións que temos que ter en conta a partir deste luns 25 de maio.
Por outra banda, lembrámoslles do uso obligatorio de máscara a maiores de 6 anos, na vía pública, espazos ao aire libre, espazos pechados de uso público, sempre que non sexa posible manter a distancia interpersonal de 2 metros.
As excepcións ao seguimento desta norma, son as persoas que presenten dificultades respiratorias que poidan verse agravadas pola súa utilización ou aquelas onde o uso da protección estea contraindicado por motivos de saúde, discapacidade ou dependencia. Esas excepcións han de estar xustificadas.