O Concello de Fene súmase ao loito decretado en todo o Estado por mor das vítimas da COVID-19
27-05-2020
O Concello de Fene súmase ao loito decretado en todo o Estado por mor das vítimas da COVID-19 e hoxe ás 12.00h gardarase un minuto de silencio diante da casa consistorial na memoria das persoas falecidas. Ademais, a bandeira de España ondeará a media hasta cun crespón negro até o día 6 de xuño, data en que concluirá o período de dó oficial.