O luns 8 de xuño, Fene pasa á Fase 3
07-06-2020
O concello de Fene, ao igual que o resto de concellos galegos, entre este luns, 8 de xuño de 2020, na fase 3, polo que se establecen novas condicións no proceso de desescalada. O avance cara a nova normalidade vai depender de como nos comportemos -distancia social, hixiene, etc.- e da capacidade que teñamos en conxunto para evitar repuntes da COVID-19 polo que dende o Concello apélase á responsabilidade dos veciños e veciñas no cumprimento das normas.
Achegamos guía da Fase 3 elaborada polo Ministerio de Sanidade, nela podemos consultar as novas condicións que temos que ter en conta a partir deste luns 8 de xuño.