Contratación laboral temporal no Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña, anualidade 2020
08-06-2020
Publicado no BOP do 8 de xuño as bases que rexen a convocatoria para a contratación laboral temporal no Programa de Integración Laboral da Deputación da Coruña, anualidade 2020. O obxecto das presentes bases é regular a convocatoria do proceso de selección de persoal laboral temporal, 5 peóns, 1 oficial albanel e 1 auxiliar de biblioteca.
As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas presentarse conforme ao modelo que figura no anexo I e dirixiranse ao alcalde da Corporación expresando que reúnen tódolos requisitos esixidos na base anterior.
Presentaranse no Rexistro xeral do Concello, podendo presentarse tamén conforme ao sinalado no artigo 16.4 da Lei 39/2015.
O prazo de presentación de solicitudes de participación será de dez (10) días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación destas bases de selección no Boletín Oficial da Provincia.
No caso de presentación presencial, será necesaria a cita previa para limitar o aforo, sendo as canles para realizar a petición as seguintes:
– Cita previa telefónica: 981 06 10 34 / 671 508 166.
(De luns a venres en horario de 8.00 - 15.00 horas).
– Petición online: https://sede.fene.gal/opencms/gl/cita/
– Cita previa por correo electrónico: citaprevia@fene.gal
Á instancia, conforme ao modelo que figura no anexo I, acompañarase inescusablemente da seguinte documentación:
– Copia do D.N.I. ou equivalente.
– Tarxeta de demandante de emprego.
– Copia da documentación acreditativa de estar en posesión do título académico requirido para acceder ao posto (para os postos de oficial albanel e auxiliar de biblioteca).
– Copia dos documentos que acrediten os méritos alegados para a fase de concurso conforme á base sexta. A prestación de servizos deberá acreditarse coa copia dos contratos de traballo e co informe de vida laboral actualizado ou, no caso de Administracións Públicas, co certificado expedido polo fedatario público da Administración ou coa copia do nomeamento ou copia da acta de toma de posesión, e o informe de vida laboral actualizado.
– De ser o caso, copia do CELGA 1 (para peóns), CELGA 3 (para oficial albanel e para auxiliar biblioteca) ou título equivalente, co que quedarán exentos do exame de galego.
– Xustificación documental na que quede debidamente acreditado estar incluído/a nalgunha das situacións de exclusión laboral recollidas na base 3.ª de requisitos dos aspirantes:
- Parados de longa duración (mínimo 2 anos como demandantes de emprego), é preciso un informe de vida laboral actualizado.
- Para persoas con discapacidade fotocopia do certificado de minusvalía, debidamente actualizado, expedido polo órgano competente.
- Para persoas en situación de drogodependencia, con problemas para atopar emprego polo idioma ou cuestións socioculturais, nun fogar no que ninguén teña emprego, monoparental ou sen fogar, vítimas de violencia de xénero, é preciso un informe dos servizos sociais municipais.