A Asociación de Concellos do Camiño Inglés acordou realizar este percorrido por tódolos concellos polos que discorre a rota xacobea
A Concelleria de Turismo anima á veciñanza de Fene a participar este sábado na Andaina Primavera no Camiño
01-07-2020
A “Andaina Primavera no Camiño” plantéxase como unha peregrinación segura do Camiño Inglés dentro do territorio de cada concello polo que discorre esta rota xacobea. Así, en canda un dos dezaseis concellos participantes, o mesmo día e á mesma hora, o 4 de xullo a partir das 10.00 horas, os/as alcaldes/as e a corporación municipal, así como aquela poboación local que así o desexe percorrerán o camiño dentro dos lindes do seu concello. O obxectivo é promover a ruta xacobea e a reactivación segura do Camiño Inglés.
A andaina de Fene terá como punto de partida este sábado a avenida do Concello (diante da Casa do Concello) e concluirá no polígono de Vilar do Colo. Todos os camiñantes deberán cumprir coas medidas de seguridade.
Para participar na andaina, cómpre enviar un correo electrónico a turismo@fene.gal, indicando: nome da persoa, enderezo, mail e teléfono de contacto.