Retómase o servizo de transporte público ao cemiterio municipal de Fene

Retómase o servizo de transporte público ao cemiterio municipal de Fene

O Concello de Fene informa de que, a partir desta fin de semana, volve funcionar co mesmo horario e percorrido o servizo de autobús ao cemiterio municipal do Campo da Arca, Barallobre. O servizo interrompeuse en marzo por mor da pandemia provocada pola Covid-19.

Así, a partir deste sábado, o autobús para o cemiterio municipal de Fene realizará un percorrido con saída ás 16.00 horas do cuartel da Garda Civil de Fene, pasando por Magalofes, Lubián, Fene, San Valentín, Perlío e Barallobre.

Posteriormente ás 17.30 horas realizarase o percorrido á inversa, con saída do cemiterio municipal, facendo paradas nas mesmas parroquias.