Ampliado o prazo para participar no grupo de apoio emocional para mulleres do Proxecto Indira IV

Ampliado o prazo para participar no grupo de apoio emocional para mulleres do Proxecto Indira IV

A Concellería de Benestar Social e Igualdade informa de que aínda quedan prazas para anotarse ao Proxecto INDIRA-IV, un espazo para mulleres onde poder experimentar, coñecerse, crecer acompañada, relaxarse e gozar.


Un proxecto para mulleres a través de encontros semanais, no que se abordarán diferentes temas e actividades relacionados co desenvolvemento persoal e a saúde en todas as súas dimensións. Haberá tamén tempo para compartir ás situacións vividas por cada unha e as experiencias derivadas da crise sanitaria motivada polo COVID-19. Espazo moi necesario, máis nestes momentos nos que se moveron tantas emocións


Nesta cuarta edición contarase con  todas as garantías de seguridade, hixiene e distancia interpersoal. O número máximo de mulleres, en base ao aforo permitido segundo a normativa vixente derivada da crise sanitaria do COVID-19 será de 10.


Poden participar as mulleres de Fene e bisbarra, maiores de idade, con ganas de crecer emocionalmente, de compartir e de crear espazos de “SORORIDADE” (solidariedade entre mulleres), de empoderarse, de coñecerse e coidarse tanto mental, física como emocionalmente.


Datas e horario: Do 4 de agosto ao 19 de setembro. Martes e xoves de 10:00 h a 12:00 h


Lugar: Centro Municipal de Servizos Sociais sito na Av. Da Cooperación, Bloque 1– Baixo de San Valentín.


As mulleres interesadas poden anotarse no Servizo Municipal de Atención á Muller por teléfono ou por correo electrónico:

981342607  //  981492706
smam@fene.gal

Esta actividade está cofinanciada pola Secretaría Xeral da Igualdade e polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020