Medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene

Medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene

As medidas terán efectos desde as 00.00 horas do 1 de novembro de 2020 e manterá a súa eficacia por un período de catorce días naturais.

Se onte venres a Xunta de Galicia publicou o decreto polo que quedou restrinxida a entrada e a saída de persoas no ámbito territorial delimitado de forma conxunta polos concellos de Fene, Ferrol, Narón e Neda así como a limitación de agrupacións de persoas só convivintes,  no DOG de hoxe sábado 31 de outubro publicáronse as medidas de prevención como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 nos concellos de Ferrol, Neda, Narón e Fene

As máis destacadas son as seguintes, aínda que aconsellamos ler con detemento a información contida no diario oficial.

Hostalaría e restauración:


Nos bares e cafetarías prohíbese o consumo no interior do local


Tanto en bares como en restaurantes, os grupos por mesas ou agrupacións de mesas limítanse a un máximo de 5 persoas convivintes. A separación entre mesas deberá garantir a distancia de seguridade.


Prohíbese o consumo en barra, tamén na zona de cafetaría dos restaurantes


Nas terrazas só se poderán ocupar o 50% das mesas autorizadas e, no caso de grupos, máximo de 5 persoas, que han de ser convivintes. A separación entre mesas ou grupos de mesas terá que garantir a distancia de seguridade


Nos comedores dos restaurantes non se poderá superar o 50% da ocupación do comedor para o servizo de comidas. As persoas usuarias sempre sentadas e asegurando entre mesas a separación interpersoal. Se xantan/cean en grupo (máximo 5) terán que ser persoas convivintes
Os establecementos non poderán pechar máis tarde da 1 da madrugada nin admitir clientela a partir das 12 da noite, sempre e cando non exista ningunha restrición á circulación nese horario. IMPORTANTÍSIMO: débese recordar que neste momento hai toque de queda entre as 23.00h. e as 06.00h., polo que a clientela deberá recollerse antes das once da noite (esta medida aplícase en toda Galicia, e non só nos concellos en nivel de alerta vermello)


Celebracións con motivo de cerimonias civís ou relixiosas: Os convites posteriores a estas cerimonias estarán limitados a un máximo de 50 persoas en espazos abertos e 25 en espazos pechados. No caso de ser en restaurantes axustaranse ás condicións e á capacidade previstas para a prestación do servizo nestes establecementos
Limítase ao 50% da súa capacidade a actividade en academias, autoescolas e centros privados de ensino non regrado e centros de formación e actividade formativa xestionada ou financiada pola Administración autonómica en centros e entidades de formación. (O ensino regrado continuará funcionando con normalidade)


Nos locais e establecementos comerciais non se poderá superar o 50% da súa capacidade. Porén, no DOG tamén se sinala que non será de aplicación en establecementos comerciais de alimentación, bebidas, produtos e bens de primeira necesidade, establecementos farmacéuticos, servizos médicos ou sanitarios, ópticas, produtos ortopédicos, produtos hixiénicos, salóns de peiteado, prensa e papelaría, combustible para a automoción, estancos, equipamentos tecnolóxicos e de telecomunicacións, alimentos para animais de compañía, comercio pola internet, telefónico ou correspondencia, tinturarías e lavandarías, sen prexuízo da necesidade de cumprir as obrigas xerais previstas na orde e as medidas xerais de hixiene e protección.


Zonas comúns en hoteis e aloxamentos turísticos, así como actividades turísticas ou organizadas en bibliotecas, museos, monumentos, infraestruturas culturais, etc.: Poden facerse actividades grupais, aínda que limitadas a un máximo de 5 persoas, sexan ou non convivintes, incluído o monitor/a. Deberase gardar a separación interpersoal, a menos que se trate de convivintes. Os itinerarios turísticos guiados e organizados por empresas do sector poden levarse a cabo, sempre que sexa en grupos dun máximo de 5 persoas.

Cines, teatros, auditorios e recintos dedicados a actividades recreativas e espectáculos públicos: máximo 30 persoas en lugares pechados e 75 persoas se a actividade é ao aire libre (50/150 con autorización da Dirección Xeral de Saúde Pública e protocolo de seguridade específico).


Centros cívicos e socioculturais: límite do 50% da súa capacidade e, no caso de actividades grupais, máximo 5 persoas por grupo, sexan ou non convivintes.


Actividade física non federada ao aire libre: pódese practicar de forma individual ou en grupo. Neste último caso deberán ser como máximo 5 persoas convivintes, ademais do monitor.


Actividade en instalacións e centros deportivos: máximo grupos de 5 persoas, sexan ou non convivintes, sen contacto físico. Non se poderá ocupar máis do 50% da capacidade do recinto.


Eventos deportivos e adestramentos con público: público sempre sentado, máximo 50% da capacidade e non máis de 30 persoas en espazos pechados ou 75 ao aire libre (50/150 se hai plan de prevención específico e autorización da DX de Saúde Pública)


Recomendámosvos que leades o DOG de hoxe sábado con detemento, e recordade que estas restricións entrarán en vigor ás 00.00h. deste domingo 1 de novembro.

Ligazóns