Continúa vixente o peche perimetral dos concellos

Continúa vixente o peche perimetral dos concellos

Continúa vixente o peche perimetral dos concellos decretado o pasado venres e tamén as outras restricións que se activaron na medianoite do sábado.

O comité clínico da Xunta decidiu manter as medidas preventivas polo menos até este venres, día no que se volverá reunir para revisar a situación e decidir se propón suspender parte delas, rebaixalas ou, de ser o caso, mesmo incrementalas.

Polo tanto, todo segue igual:

Non se pode saír nin entrar nos límites de Fene, Ferrol, Narón e Neda (a poboación dos catro concellos si pode moverse dentro do seu perímetro conxunto) salvo nos casos previstos na normativa.

Os grupos de persoas en espazos públicos e privados seguen limitados a un máximo de 5, sempre convivintes (salvo as excepcións previstas)

En bares e cafetarías prohíbese a atención no interior e nas terrazas non se poderá ocupar máis do 50% das mesas. Os grupos: máximo 5 persoas que han de ser convivintes

Restaurantes: 50% da capacidade nos servizos de comidas/ceas. Grupos máximos de 5 persoas/mesa e prohibición de usar a zona de barra.

Comercio con limitación de aforos ao 50%

Velorios: máximo 10 persoas en interior e 25 se é exterior.

Enterros: máximo 25 persoas entre familiares e achegadas.

Segue en vigor o toque de queda desde as 23.00 até as 06.00h., salvo nos casos previstos na normativa.

Consultar aquí medidas

Desde o Concello pídeselle á veciñanza que se extremen as precaucións en canto a distanciamento interpersoal, hixiene de mans e respiratoria, ao tempo que se apela á responsabilidade individual para o cumprimento rigoroso das normas en vigor.

Segundo os últimos datos remitidos pola Consellería de Sanidade, os casos confirmados activos do brote por Covid-19 con residencia  en Fene son de 73 casos e 134 contactos estreitos en seguimiento.

Se notamos algún síntoma coincidente cos da COVID-19, debemos quedar na casa -igual que no caso de ter un contacto estreito cun positivo por coronavirus- e informar ás autoridades sanitarias chamando ao 900 400 116, nunca acudir directamente ao centro de saúde. Os síntomas da enfermidade son os seguintes: febre, calafríos, tose, sensación de falta de aire, diminución do olfacto e do gusto, dor de gorxa, dores musculares, dor de cabeza, debilidade xeral, diarrea ou vómitos.

Ás anteriores úneselle a recomendación de vacinarse contra da gripe.

Para as persoas que proveñan de outras Comunidades Autónomas ou de outros países que non sexan residentes en Galicia e, polo tanto, non teñan a posibilidade de acudir a seu médico de cabeceira, dende o Servizo Galego de Saúde habilitouse o teléfono, o 881 00 20 21 , dende o que xestionan o procedemento e habilitan a consulta cun profesional para a avaliación dos síntomas destas persoas.