Fene conta con novas medidas de prevención específicas, correspondentes a un nivel medio-alto de restrición
04-12-2020
Os establecementos de hostalaría e restauración de Fene poden abrir dende hoxe venres 4 de decembro coas seguintes restriccións:
Non poderán superar o trinta por cento da súa capacidade para consumo no interior do local.
As terrazas ao aire libre dos establecementos de hostalaría e restauración limitarán a súa capacidade ao cincuenta por cento das mesas permitidas no ano inmediatamente anterior con base na correspondente licenza municipal ou do que sexa autorizado para este ano, no caso de que a licenza sexa concedida por primeira vez.
En todo caso, deberá asegurarse que se mantén a debida distancia de seguridade interpersoal entre as mesas ou, de ser o caso, agrupacións de mesas. A ocupación máxima será de catro persoas por mesa ou agrupación de mesas.
O horario de peche ao público será ás 17.00 horas. No obstante, poderán prestar servizos de entrega a domicilio ou para a súa recollida no local e consumo a domicilio. A permanencia nestes establecementos deberá ser a estritamente necesaria. En todo caso, evitaranse aglomeracións e controlarase que consumidores e empregados manteñan a distancia de seguridade establecida co fin de evitar posibles contaxios.
Por outra banda, destacar que na práctica da actividade física e deportiva non federada, ao aire libre, poderá realizarse de forma individual ou colectiva ata un máximo de catro persoas sexan ou non conviventes, excluído, o monitor.
Manténse un perímetro Fene-Ferrol-neda do que non se poderá entrar ou saír agás por razóns xustificadas.
Segue en vigor o toque de queda desde as 23.00 até as 06.00h., salvo nos casos previstos na normativa.
Desde o Concello pídeselle á veciñanza unha vez máis que se extremen as precaucións en canto a distanciamento interpersoal, hixiene de mans e respiratoria, ao tempo que se apela á responsabilidade individual para o cumprimento rigoroso das normas en vigor.
Recomendamos a lectura da orde do DOG 244-bis do 3 de decembro relativa as medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.