O Concello recomenda a precaución nas estradas tras esparcir sal por mor do xeo
08-01-2021
Logo de avaliar o estado das estradas e camiños do termo municipal e para evitar novas saídas de vía provocadas polo xeo (como as que se produciron onte na zona do Barreiro e na ponte do Belelle), o Concello de Fene está a botar sal dende primeiras horas da mañá nalgunhas das estradas máis afectadas polas xeadas das últimas horas coma os accesos á Avda das Pías (á altura das vivendas do Castro), a Avda. do Tarrío ou Avda. Sixto Mauriz.
Á vista do estado actual das estradas e camiños do concello, o Goberno Municipal de Fene acordou facer aprovisionamento de sal, en previsión de que as baixas temperaturas continúen a provocar placas de xeo na rede viaria do concello.
Ademais, perante esta situación, recomendan á veciñanza circular con precaución, tanto nos desprazamentos en coche como a pé, para evitar saídas de vía ou caídas fortuítas.