Soledad Felloza actuará na Biblioteca Municipal de Fene no día da narración oral
15-03-2021
Xa está aberto o prazo para anotarse na sesión de contactontos que terá lugar este sábado, 20 de marzo, ás 12.00 horas na Biblioteca Municipal de Fene para conmemorar o Día da Narración Oral. A actividade, que contará coa actuación da narradora Soledad Felloza, vai dirixida a público de Infantil e Primaria ate completar o aforo previsto de 30 persoas, entre nenos/as e pais/nais. Para apuntarse cómpre chamar á biblioteca de Fene (Tfno. 981 34 23 02) en horario de luns a xoves, de 16.00 a 21.00 horas.
O Día internacional da Narración Oral en Galicia está organizado polo Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, coa colaboración do Festival de Narración Oral de Pontevedra “Sete Falares” e do Festival “Falando a Boca Chea” de A Coruña, así como coa participación do colectivo de narradoras e narradores orais de Galicia, NOGA
Un pouco de historia
No Día Internacional da Narración Oral conmemórase a arte de narrar de viva voz, manifestación artística tamén denominada contacontos. Celébrase cada 20 de marzo, coincidindo co equinoccio de primavera. A festividade tivo a súa orixe en Suecia xa vai para trinta anos e, aos poucos, fóronse engadindo outros países.
Neste 2021 os narradores e narradoras galegas súmanse a esta celebración municipal “contando” na nosa fala e cun manifesto que elaborou para este día a escritora Fina Casalderrey.
Alén diso, todos os narradores teñen previsto espallarse o vindeiro sábado por toda a xeografía galaica conscientes de que, “nestes tempos de illamento, as historias axudan a identificarse e a reconciliarnos coa condición humana, e mesmo acompañan a quen se sente só, desvalido ou, simplemente, a quen precisa rir e celebrar”.