CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA, CONCEDEU AO CONCELLO DE FENE UNHA AXUDA PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO “FOMENTO DO COMPOSTAXE IN SITU”.

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA, CONCEDEU AO CONCELLO DE FENE UNHA AXUDA PARA A REALIZACIÓN DO PROXECTO “FOMENTO DO COMPOSTAXE IN SITU”.

Ao abeiro da ORDE do 5 de maio de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2020-2021 (código de procedemento MT975I), a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda concedeu ao Concello de Fene unha subvención dentro da Liña 2: actuacións destinadas á prevención, recollida separada e valorización dos biorresiduos destinados ao fomento da compostaxe in situ.

A instalación de compostadoras servirá con carácter principal ao entorno inmediato, a recollida selectiva de residuos atende a toda a poboación que se pode considerar nun total de 13.000 habitantes.


Ainda que a recollida selectiva afecta a todo o Concello e polo tanto á súa poboación íntegra (13.000 habitantes), o compostaxe é máis localizado podendo reducirse a poboación atendida á máis próxima ao emprazamento dos composteiros nun entorno público e segunda ubicación en relación coa distribución de habitantes.


Realizanse actuacións de tratamento in situ dos biorresiduos, a través da promoción da participación cidadá en proxectos de compostaxe doméstica nas vivendas que dispoñen de terreo apto para elo, e tamén en zonas comúns postas a disposición polas entidades locais para o tratamento conxunto dos biorresiduos.


• Acondicionamento dunha zona de compostaxe comunitaria, mediante preparación de terreo mediante retirada de capa vexetal e regularización con capa de zahorra compactada de 20 cm.
• Adquisición de composteiros, de plástico reciclado de 100% con tapa e apertura inferior ,aireadores e termómetros e caldeiros.
• Carteleria sinalización e funcionamento composteiros.
• Material e campaña publicitaria informativa.


Proxecto subvencionado ao abeiro das axudas destinadas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal.

Contribuír á conservación do medio ambiente e o patrimonio cultural.

Operación cofinanciada pola Unión Europea, a través do FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL (FEDER) 

PROGRAMA OPERATIVO

FEDER GALICIA

2013-2020

Unha maneira de facer Europa.