Campaña de detección Covid-19 para adolescentes de 12 a 17 nas farmacias de Fene e da provincia
19-04-2021
O Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña inicia este luns, coa colaboración da Consellería de Sanidade, un cribado gratuíto para a poboación a través da autorrecollida dunha mostra de saliva. O obxectivo é a detección de casos de Covid-19 en persoas que non manifestan síntomas ou que son inapreciables, mediante a recollida de mostras de saliva a través das oficinas de farmacia da provincia.
As farmacias de Fene adheridas á campaña son as de:
. PERLÍO (Teresa Duarte Vázquez). Avda. Marqués de Figueroa, 60-62. Tfno. 981 340 176
. BARALLOBRE (Beatriz García Rivas). Rúa Santiago, 43. Tfno. 981 360 147
. FENE (María Luísa Hidalgo Sotelo). Rúa Doutor Malvar, esq. Fraga - Ed. Parque IV. Tfno. 981 340 153
A campaña, dirixida á mocidade de 12-17 anos, desenvolverase a partir deste luns 19 de abril. As farmacias adheridas disporán dun cartel da campaña en lugar visible para favorecer a identificación por parte da poboación e o listado completo está dispoñible na web do COFC.
Para solicitar un kit para a realización da proba, deberemos achegarnos en primeiro lugar a unha das farmacias adheridas á campaña. Seguindo as indicacións do farmacéutico, tomaremos a mostra e, no prazo indicado, devolveremos o tubo á farmacia onde o recepciconarán e enviarán ao laboratorio de referencia. Se o resultado é negativo, recibirase unha mensaxe de texto ao móbil, e se é positivo, deberá realizarse unha PCR e seguir as pautas das autoridades sanitarias.
Previo á enntrega do tubo para a mostra, a persoa participante asinará o consentemento informado no que indicará un teléfono móbil (que será establecido ademais como teléfono para as notificacións do Sergas. Persoal da farmacia procederá entón a selar o consentemento informado, do que se entregará unha copia ao cidadán.
Criterios de exclusión
Non poderán participar na campaña e, polo tanto, realizar a proba, aqueles adolestences que foran positivos en COVID-19 nos últimos tres meses, que sexan contacto de seguimento COVID-19, que realizaran unha PCR nos últimos 15 días ou que teñan síntomas compatibles nas datas de realización da proba.