A Unidade Móbil do Centro de Transfusión de Galicia visita Fene
21-04-2021
As persoas que desexen doar sangue, poderán facelo o venres 23 de abril, de 15.30 a 21.00 horas, e o sábado 24 de abril, de 10.00 a 15.00 horas, no vehículo instalado fronte ao Centro de Saúde de Fene.
Para doar sangue, aconséllase solicitar cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828, sistema implantado para reforzar os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e garantir unha afluencia axeitada e ordeada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.
Requisitos:
. Ter máis de 18 anos
. Pesar máis de 50 kg.
Cando acuda a doar, lempre presentar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar, e informar ao médico se está a tomar algún medicamento