O Concello reabre a Oficina de Turismo ao público a partir do día 1 de Xuño
31-05-2021
A oficina está emprazada na Avenida Naturais e, nela, ofrécese un servizo de acollida, orientación e asistencia as persoas visitantes, facilitándolles información sobre os principais recursos do municipio.
A oficina comezará a funcionar o martes 1 de xuño até o 30 de setembro no seu horario habitual: de 8.30 a 14.00h. polas mañás e de 15.30 a 17.00h. polas tardes, de luns a venres.
A técnica especializada que atenderá as consultas -ademais de desenvolver outros proxectos municipais relacionados con este ámbito- traballará durante estes meses a través da bolsa de contratación creada polo Concello para cubrir este posto temporal. Contratación subvencionada pola Deputación Provincial da Coruña.