Fene acolle este sábado unha nova edición da súa Fashion Night

Fene acolle este sábado unha nova edición da súa Fashion Night

Vintedous comercios e oito establecementos de hostalería tomarán parte este sábado na Fashion Night "Países do mundo", a edición temática máis internacional de todas as que se teñen organizado ate o de agora xa que, desta vez, cada un dos locais participantes representará a un país do mundo. O evento, organizado pola asociación de comercio, hostaleria e servizos O Cruceiro, coa colaboración da Concelleria de Promoción Económica e Turismo, incluirá descontos, degustacións, música, talleres infantís e pasarrúas a cargo da compañía de performances Pablo Méndez e do alumnado de Fusion Dance. Ademais, anúnciase un sorteo de 2.000 euros en vales de compra.

Durante a Fashión Night de Fene, que comezará ás 19 horas do sábado, as persoas que se acheguen a mercar nos establecementos comerciais participantes poderán beneficiarse de importantes descontos. Ademais, nos locais de hostalería que figuran no programa realizaranse degustacións de pratos típicos dos países aos que representen. Outros atractivos do evento serán as sesións de animación pola rúa, os talleres infantís e a música.

O evento está organizado pola asociación de comercio, hostaleria e servizos O Cruceiro coa colaboración da Concelleria de Promoción Económica e Turismo.