Semanas intensas para o alumnado do Inicia V
22-06-2021
O alumnado do Obradoiro de emprego de garantía xuvenil Inicia V rematou a semana pasada a instalación da varanda frontal, para a protección contra caídas, do graderío inferior do Campo de Fútbol Municipal de Prados Vellos no Concello de Ares (actuación do proxecto solicitado)
Ademais o xoves día 17, os 16 alumnos/as da especialidade de Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial, realizaron unha saída didáctica ao CIFP Ferrolterra e ao Centro de Investigacións tecnolóxicas do Campus de Ferrol, acompañados pola directora, o docente da especialidade e as docentes de formación empresarial e educación básica.
O alumnado deste Obradoiro pertenence aos concellos de Fene, Ares, Mugardos, Neda e Cabanas e rematarán o vindeiro mes de setembro, despois dun ano, o seu proceso de formación e aprendizaxe.