Súmate ao noso equipo. Doa sangue

Súmate ao noso equipo. Doa sangue

Sanidade salienta a importancia de doar sangue nos meses de verán,  xa que é un período do ano de case catro meses no que non diminúe a necesidade de compoñentes sanguíneos por parte dos centros sanitarios galegos, e continúa sendo preciso obter unha cifra de entre 400 e 500 doazóns de sangue diarias para posibilitar, deste xeito, o axeitado desenvolvemento do intenso labor asistencial dos centros hospitalarios galegos.
 
Entre os meses de xuño a setembro, serán precisas ao redor de 40.000 doazóns de sangue para garantir o abastecemento de compoñentes sanguíneos aos hospitais galegos.
 
Deste xeito, as persoas que desexen doar sangue, poderán facelo o venres 25 de xuño, de 15.30 a 21.00 horas, e o sábado 26 , de 10.00 a 15.00 horas, no vehículo instalado fronte ao Centro de Saúde de Fene.

Para doar sangue, aconséllase solicitar cita previa no teléfono gratuíto 900 100 828, sistema implantado para reforzar os protocolos de seguridade nas unidades móbiles e garantir unha afluencia axeitada e ordeada para cubrir as necesidades de sangue dos hospitais galegos.

Requisitos:
. Ter máis de 18 anos
. Pesar máis de 50 kg.

Cando acuda a doar, lempre presentar a tarxeta de doazón, DNI ou documento similar, e informar ao médico se está a tomar algún medicamento