Fene conmemorará o Día da Diversidade Sexual coa proxección do documental Noite Irisada

Fene conmemorará o Día da Diversidade Sexual coa proxección do documental Noite Irisada

No marco da campaña da Deputación da Coruña "Liberdade de ser e sentir", a Concellería de Benestar e Igualde de Fene organiza para o vindeiro martes, 29 de xuño, a proxección do documental "Noite irisada" con motivo do “Día da diversidade sexual” que se conmemora o 28 de xuño. O acto, previsto para as 19 horas na Casa da Cultura e con aforo limitado, contará cun/ha dos/as protagonistas para un posterior coloquio. O público asistente recibirá como agasallo unha pulseira coas cores do arco da vella.

Doce concellos da Coruña, entre eles o de Fene, acollerán a proxección do documentario "Noite Irisada", peza dirixida por Bea V. Campaña que recolle a loita polos dereitos das persoas diversas sexualmente con testemuñas das protagonistas, o que constitúe o único documental sobre esta temática realizada na historia audiovisual galega.

A película recolle a historia "dunha loita que non está exenta de represión e tamén de movemento liberador con data de referencia do 28 de xuño de 1981 que foi cando se desenvolveu en Vigo a primeira manifestación do Día do Orgullo organizada polo movemento galego. Nanina Santos, Carlos Callón, Maximino Queizán, Marta Álvarez Quintero, Ignacio Iglesias Villar, Xiana Pérez, Braulio Vilariño"Lalo", Eli Pérez, Xabier Maañón, xunto á poeta Lucía Aldao ou a estudosa Mariam Mariño protagonizan o documental "Noite Irisada".

Máis información sobre a campaña #seresentir