Fene acolle un obradoiro de drons e outro de skate no marco do programa Mocidade Activa
08-07-2021
O concello de Fene e a agrupación de concellos de Mugardos e Neda desenvolve o proxecto de prevención de condutas aditivas no que se enmarca o programa "Mocidade activa", subvencionado pola Consellería de Sanidade e dirixido á rapazada con idades comprendidas entre os 12 e 16 anos. O programa inclúe distintos talleres coma o de drons (que se está a desenvolver no Concello de Fene esta semana), skate, redes sociais e lettering. Segundo informan dende o Departamento de Servizos Sociais, para as actividades de skate (20, 21 e 22 de xullo, na pista de San Valentín, en Fene) e redes sociais (13,14,15 de xullo, nos baixos da Casa do Concello, en Mugardos) aínda quedan prazas libres.
Para calquera desta dúas actividades, poderán presentarse solicitudes ata o venres día 9/7/21, por medios telemáticos no centro municipal de Servizos Sociais do Concello de Fene a través do email servizos.sociais@fene.gal ou, excepcionalmente, de forma presencial, previa cita nos teléfonos 981342607/981492706 de luns a venres en horario de 10.00h a 14.00h.
O programa Mocidade Activa ten como obxectivo principal "favorecer a cohesión social do grupo para poder traballar e reflexionar -mediante actividades como drons, skate e outros como lettering, youtube/tiktok- sobre as adicións con sustancias ou comportamentais".
Máis información:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607
Caixa electrónica: servizos.sociais@fene.gal