Por un verán en IGUALDADE
13-07-2021
O Concello de Fene súmase á campaña "Por un verán en Igualdade", promovida pola Deputación da Coruña para concienciar á sociedade da necesidade de eliminar o machismo do tempo de lecer e das conmemoracións.
"O verán é un tempo de diversión, descanso e desconexión. Polo que é importante fomentar a concienciación sobre a necesidade de fomentar a corresponsabilidade dando respiro as persoas que desenvolven as funcións de coidados habitualmente. Tamén é importante rachar cos estereotipos sexistas, non ser cómplice dos comentarios machistas, denunciar a violencia de xénero e a discriminación que sofren moitas persoas por mor da diversidade sexual.
É un tempo de oportunidades, para coidar conscientemente a nosa linguaxe de xeito mais inclusiva, para favorecer a conciliación da vida non só laboral, senón tamén da familiar e persoal, de educar en igualdade desde a familia, procurar novos modelos de masculinidade e de ser responsable coa situación actual que estamos vivindo, que incide especialmente nas desigualdades sociais e de xénero".