O director da Banda de Gaitas Airiños de Fene, Miguel Doval, é o autor da declaración institucional deste ano.
O acto institucional do Día da Patria Galega trasládase ao Salón de Plenos do Concello
23-07-2021
Por mor das previsións meteorolóxica que anuncian choiva na mañá deste sábado, 24 de xullo, o Goberno Municipal de Fene acordou trasladar o acto institucional do Día da Patria Galega ao Salón de Plenos Municipal. Comezará ás 13.00 horas e contará coas intervencións do autor da declaración institucional deste ano, o director da banda Airiños de Fene, Miguel Doval, do concelleiro de Cultura, Justo Ardá e do alcalde de Fene, Juventino Trigo. Ao remate do acto soará o Himno Galego.