Música, animación e sorteos na Festa da Cor que terá lugar en Fene o sábado 7 de agosto

Música, animación e sorteos na Festa da Cor que terá lugar en Fene o sábado 7 de agosto

Ate o vindeiro domingo, 1 de agosto, esta aberto o prazo para que os establecementos de Fene que queiran participar poidan rexistrarse e tomar parte na Festa da Cor que está a organizar a Concellería de Promoción Económica e Turismo de Fene para o vindeiro sábado 7 de agosto en distintas localizacións do termo municipal. As inscricións realizaranse por teléfono e/ou whatsapp no número 654 700 685. Aínda que o programa detallado da Festa da Cor se presentará nos vindeiros días, dende o departamento organizador avanzan que, ao longo da xornada, haberá actuacións musicais, sesións de animación infantil e para adultos e sorteos de vales de compra entre os clientes dos establecementos participantes.

ACTUALIZACIÓN  4 DE AGOSTO: Debido ás condicións climatolóxicas previstas para este sábado 7 de agosto a Festa da Cor organizada pola Concellería de Promoción Económica e Tuismo de Fene aprázase para o día 21 de agosto.