Homenaxe a Ramón José Souto González, último alcalde fenés da República

Homenaxe a Ramón José Souto González, último alcalde fenés da República

O acto institucional celebrarase o luns16 de agosto ás 20 horas na Casa do Concello

O Concello de Fene celebrará o luns 16 de agosto, no salón de plenos da Casa do Concello , a partir das 20.00 horas, un acto de homenaxe e lembranza a Ramón José Souto González, o último alcalde da República en Fene, fusilado xunto a outros membros da corporación en 1936.

O acto aberto á participación de toda a veciñanza, dado as limitación de aforo pola COVID-19,  require inscrición previa a través da conta cultura.deportes@fene.gal.