A Concellería de Turismo promove entre os establecementos de Fene a implantación do selo dixital do Peregrino
25-08-2021
Os establecementos do Concello polos que pasa o Camiño Inglés ou, que sen pasar o camiño reciben e atenden peregrinos, poden solicitar dende hoxe á Oficina de Turismo do Concello de Fene a implementación do selo dixital do Peregrino.
Credencial a través da cal os peregrinos poden rexistrar os seus pasos a través dos diferentes Roteiros Xacobeos obtendo os seus selos a través da captura de códigos QR. Esta Credencial é compatible coa de papel e o peregrino poderá utilizar unha ou outra segundo as súas preferencias.
Para solicitar a súa tramitación é necesario que os establecementos manden unha foto/escaneo do cuño a oficina.turismo@fene.gal ou turismo@fene.gal
Unha vez tramitada, o código QR será reenviado aos establecementos para que o teñan a disposición dos peregrinos.