Charla de compostaxe comunitaria
27-09-2021
Aproveitando a conmemoración do 10º aniversario da área de compostaxe comunitaria de Aspaneps en Fene, a concellería de Medio Ambiente e a Asociación de Pais e Nais de Nenos con Problemas Psicosociais organizan, coa colaboración de Adega, unha charla sobre a compostaxe comunitaria.
A actividade, aberta ao público en xeral, terá lugar este martes, 28 de setembro, ás 11.30 horas, na área de compostaxe comunitaria de Aspaneps.
No decurso do charla, que será impartida por persoal de Adega, farase entrega a Aspaneps de dous novos composteiros e cubos para facilitar o transporte dos residuos até a área. Pola súa parte, usuarios/as da entidade social fenesa entregarán ás persoas asistentes unha mostra do compost que xeneran na súa área comunitaria.