O que debes saber do Bulling para no caer nas súas poutas
06-10-2021
O Concello de Fene a través da Concellería de Benestar Social e Igualdade está a organizar unha Conferencia denominada “O que debes saber do Bulling para no caer nas súas poutas” que será impartida polo psicopedagogo Emilio Tresgallo, profesional con ampla experiencia no ámbito educativo e especificamente nos casos de acoso escolar. O obxecto desta iniciativa é concienciar á poboación e aos profesionais do eido educativo da problemática que está nestes momentos a ser unha verdadeira lacra social e que causa moito sufrimento as persoas que o padecen.
O ponente, Emilio Tresgallo é o autor do libro “Acoso Escolar. Los graves peligros de las redes sociales. Pautas de Intervención”. Editoriral Pirámide (2020)
Os datos do acoso escolar, durante o confinamento, incrementáronse de forma gradual acadando porcentaxes insospeitados, 50%. Para intentar abordar este tema, faise necesario acometer a tarefa de formar ás familias, docentes, alumnado e a sociedade en xeral. Desta forma, poderase lograr a ansiada e necesaria sensibilización, dun problema que xa se ven a chamar “ A lacra do século XXI”
Os contidos que se abordarán, entre outros, serán os seguintes:
¿Por que abordar o tema?
Trazos da persoa agresora, da vítima, indicios ou síntomas, consecuencias...
Esta actividade é gratuíta, e terá lugar o Xoves 28 de outubro entre as 19:00 e 20:30 horas no Salón de actos da Casa da Cultura de Fene.
Dadas as limitacións de aforo a selección das persoas que asistan será por orde de inscrición. O período de inscrición estará aberto ata o 27 de outubro e pode facerse por teléfono (981342607) ou tamén directamente no Centro de Servizos Sociais.
Para máis información:
CENTRO MUNICIPAL DE SERVIZOS SOCIAIS - AREA DE BENESTAR SOCIAL E IGUALDADE
Avda.do Mar, Bloque 1, Baixo - San Valentín
Teléfonos: 981.492.706 / 981 342607