Ampliación de horarios e servizo especial de transporte ao cemiterio municipal no Día de Todos os Santos e Día de Defuntos

Ampliación de horarios e servizo especial de transporte ao cemiterio municipal no Día de Todos os Santos e Día de Defuntos

Con motivo do Día de Todos os Santos e o Día de Defuntos, o Concello de Fene informa da ampliación de horarios do cemiterio municipal, así como da posta en marcha dun servizo de transporte especial.
 
Isto é, dende o día 26 de outubro e até o 2 de novembro o cemiterio permanecerá aberto ao público ao mediodia de maneira ininterrompida.

O horario nas instalacións municipais será, para o  1 de novembro, de 8 a 22 horas, e o 2 de novembro, de 9 a 20 horas. Por mor da situación sanitaria da COVID19 infórmase que se NON se oficiará misa.

Por outra banda, o servizo de transporte especial realizarase conforme ás seguintes datas e horarios:

31 de outubro, en horario de tarde
1 de novembro, e o  martes día 2, horario de mañá e de tarde.

No horario de mañá, a saída está prevista do cuartel da Garda Civil ás 10 horas e o regreso estímase ás 12 horas. No horario de tarde, a saída, do mesmo punto, será ás 16 horas e o regreso ás 18 horas. Námbolos dous casos, o autobús realizará o percorrido e paradas habituais. 

COVID 19: Dende o Concello recordan a obriga de non acudir ás instalacións se se teñen síntomas ou se se tivo contacto con casos sospeitosos ou positivos. Tamén se insiste na obrigatoriedade do uso da máscara e da hixiene de mans, así como na observancia das instrucións do persoal municipal ao cargo das instalacións.